ENTIDAD COLABORADORA DEL IGAPE Y LA XUNTA DE GALICIA -
ENTIDAD COLABORADORA  DEL IGAPE Y LA XUNTA DE GALICIA - 

EN QUE CONSISTE REFORMA 17...

¡

¿En que consiten as axudas do Reforma 17?

 

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhiran a esta convocatoria.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e mobiliario para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos e as obras.

A compra máximo é de 5.000 euros en unha ou varias veces.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos, adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe

Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio, é só un domicilio por persoa solicitante da axuda.

 

¿Que teño que facer si quero pedir esta axuda?

 

Dirixirse a REFORMAS CULLEREDO, levar o seu DNI e un recibo de algún suminsitro (luz, auga..etc) ao seu nome ou outro xustificante da propiedade ou residencia no domicilio.

Escoller as pezas de mobiliario ou materias de construcción que vai empregar na súa reforma, por un importe mínimo de 1.000€ sen impostos.

 

REFORMAS CULLEREDO tramitará a súa solicitude por medios telemáticos ao IGAPE, emitiralle a factura unha vez presentada a solicitude. Esta factura xa leva o desconto e a subvención polo que xa vai pagar o importe coas condicións do Reforma 17.

Despois só lle queda pagalos a través de transferencia bancaria ou ingreso identifando o número da factura (non se admiten pagamentos en metálico) e realizar a reforma e instalar os os bens adquidos no prazo máximo de 3 meses.

 

¿As obras están incluídas na axuda?

 

Non están incluídas as obras de reforma nin os electrodomésticos.

 

Para pedir a axuda ¿Teño que ir ao IGAPE?

 

Non, a tramitación realizase dende REFORMAS CULLEREDO, debe lembrar acudir co DNI e un xustificante residencia no domicilio no que vai realizar as obras: Copia da escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do imposto de bens inmobles (IBI) ou dalgún subministro (auga, gas, electricidade, etc., sempre que estea ligado a un domicilio concreto) a nome do solicitante.

 

Daquela, se quero comprar unha lavadora ¿teño algún tipo de desconto?
Os electrodomésticos non están incluídos no Programa Reforma 17 só os materiais de construción e mobiliario. As obras para a instalación destes materiais tampouco se poden acoller a este programa.

 

¿Canto vou pagar de menos se me acollo ao plan Reforma 17?

 

En total, o importe do desconto é dun 40% da compra calculado antes de impostos. A diferencia é que o establecemento aplica o seu desconto antes de impostos e a subvención aplícase como minoración no importe final. Deste xeito, vostede pagará entre un 36% e un 38% menos do que lle ía costar, dependendo do IVE aplicable.

 
Xa teño todo decidido ¿Podo comprar agora mesmo?

 

As compras pódense realizar a partir do 6 de outubro. Antes de pagar, o establecemento colaborador debe solicitar a súa axuda.
 

Eu xa teño empezada a obra ¿Podo acollerme ao Reforma17?

 

Tódolos gastos realizados antes da solicitude da axuda non son subvencionables. 

 

 

 

¿Canto vai durar o programa?

 

O programa aceptará solicitudes desde 25/09/2017 y finaliza el 17/11/2017, ou ben ata o esgotamento do crédito. Se se esgota o presuposto para as axudas ¿que pasa?

En xeral, que non se aceptarán máis solicitudes de axuda, salvo que se amplíe o crédito. É por iso que, se quere acollerse ao programa, é importante que o solicite en canto estea dispoñible.

 

¿Canto tardarei en cobrar a axuda?
Os clientes dos establecementos perciben as axudas (desconto+axuda) no momento da compra xa que estes importes xa van minorados na factura. O IGAPE máis tarde pagaralles aos establecementos.

 
¿Cales son as obrigas a cumprir polos beneficiarios?

 

As principais obrigas son:
- Adquirir os bens 
- Pagalos a través de transferencia bancaria ou procedemento similar (non se admiten pagamentos en metálico).
- Instalalos no domicilio indicado no prazo de 3 meses.
(para coñecer o resto de obrigas, consulte o artigo 9 das bases reguladoras).

 

¿Podo comprar pezas ou mobiliario de cociña e baño en varias tendas?

 

Si, sempre que cada compra individual sexa de ao menos 1.000€ sen impostos hasta un máximo de 5.000€ en total en unha ou varias compras.

 

¿Todo o mundo pode ter acceso a esta axuda?

 

Calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino), pero non máis dunha persoa por cada domicilio. A persoa que solicita a axuda queda obrigada a instalar os bens adquiridos no domicilio indicado nun prazo de tres meses.

 

¿Podo comprar artigos para instalar na miña vivenda habitual e outros para a casa da praia?
Sí, pero sempre sen superar o límite dos 1.000 euros de axuda por persoa (levarían aparellados outros 1.000 € de desconto do establecemento).

 

¿Están incluídos as compras en tubos ou o cableado necesarios para a reformo do baño ou cociña?

 

A adquisición de tubos e cables poderase entender incluido sempre que:
• A compra se efectúe nun establecemento colaborador co Programa Reforma 15, e
• Se poida, polas características da compra (tipo, cantidade, coste.. etc), vincular a unha rehabilitación de cociña ou baño, para o cal se poderá ter en conta que se realice conxuntamente con outro material de construcción e/ou mobiliaro de cociñas e baño para alcanzar o importe de compra mínima de 1.000€ sin impostos. Non se aceptarán operacións nas que os tubos ou cableado non sexan proporcionais ao que representaría unha remodelación de cociña e baño.
E por suposto tendo en conta que se cumplan as demais condicións do Programa: Domicilio en Galicia, maioría de idade...etc.